
A PRESENTACIÓN
Así o vive o espectador.
O mentalista envía un correo a un espectador e pídelle que non o abra ata o final. O mentalista pide axuda a dous espectadores; sobre a mesa están as 28 fichas dun xogo de dominó completo. Convídanos a xogar unha partida rápida de dominó e a avisalo cando terminen. Cando remata a partida, o mentalista pídelles que abran o correo que lles enviou ao principio, que amosa con total exactitude as fichas coas que comezou e rematou a partida.
Así chega á caixa de entrada.
Ola Lucía
Diante de ti tes un xogo que xurdiu hai mil anos na China a partir dos xogos de dados de seis caras
O que non entendo é por que teño a intuición de que neste xogo milenario hoxe comezará e acabará a partida, a pesar das miles de combinacións posibles, precisamente con estas dúas fichas:

Grazas por facer posible un soño.


